FERROL360 | Martes 19 abril 2022 | 20:54
Baixo a denominación de A Palavra Encarnada no noso infinito e vermelho abril, convocan un novo evento en Ferrol para que «a cidade non perda o colleitado coa Poesía Salvaxe». Será os días 22 e 23, venres e sábado, cando os poetas fagan volar versos na «cidade dos guindastres en extinción».
Así, o venres 22 de abril ás 17:30 horas no kiosko do Cantón de Molíns haberá un recitado de «poemas de combate» en homenaxe ao 50 aniversario do 10 de marzo e tamén co gallego da revolución portuguesa dos cravos o 25 de abril. Estará o Colectivo Moraima e os poetas Antón Cortizas, Quico Cadaval, Xosé M. Álvarez Caccámo, Guillermo Ferrández, Víctor M. Díez, Karlotti, Manolo Bacalhao, Eugenia Sanmartín, Helga Méndez, ITHA K. e Iolanda Teixeiro.
Xa ás 18:30 o batallón poético trasládase ao Ateneo Ferrolán con María Lado, Lucía Aldao, Carlos Santiago e Sol Mariño. Contra ás 22:30 horas estarán no Manchita Cosa lembrado eo Café Voltaire. Ao día seguinte, o sábado, o programa comeza no centro cívico de Canido ás 12:30 horas cun recital presentado por Eugenia Sanmartín coa Caixa Baixa de Víctor M. Díez, Parecía de Olaia Pazos e Sol Mariño.
Ás 17:30 horas botarán versos na lancha de Mugardos pola ría e ás 20:00 horas estarán no Cuerda Floja con Sol Mariño, Xosé María Álvarez Cáccamo e Quico Cadaval. Ademais, lembran, Al Suin, Bacalhao e Sanmartín «botarán ao longo dos dous días os poemas polas prazas e rúas de Ferrol, nos nosos cafés, bares e tabernas… enroladas tripulacións celebrando as adorabeles derrotas».