FERROL360 | Sábado 25 maio 2019 | 12:19
A redacción de Ferrol360 mandou cuestionarios por correo electrónico a todas as candidaturas que se presentan por Narón e foron estas cinco as que responderon ao noso chamamento. Estes días atrás publicamos ás súas entrevistas e este sábado, día de reflexión, achegámonos un pouco máis á humanidade dos políticos.
Marián Ferreiro, candidata de Terra Galega
Marián Ferreiro (cedida)
Un libro: La paradoja, o último que me regalaron
Un filme: La vida es bella, de Roberto Benigni
Unha canción: Wicked game, de Chris Isaak
Unha comida: Pasta
Unha bebida: Zume de laranxa
Un persoeiro: Rosalía de Castro
Unha cita famosa: O tempo pon a cadaquén no seu sitio
Un deporte: Sendeirismo
Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Pois a verdade é que ningunha destas dúas bebidas
Praia ou montaña? Praia
Madruga ou trasnoita? Por decisión propia elixiría trasnoitar
Un recuncho de Narón: O paseo de Xuvia e o muíño de Pedroso
Apoia a Semana Santa? Respecto esta celebración
Que fixo o 8M? Folga
A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, qué lle dixo? A unha compañeira de candidatura: «OK»
Podes ler a entrevista a Marián Ferreiro nesta ligazón
Germán Castrillón, candidato do Partido Popular
Germán Castrillón [cedida]
Un filme: Mar adentro, de Alejandro Amenábar
Unha canción: O tren de Andrés Do Barro
Unha comida: Troitas
Unha bebida: Auga
Un persoeiro: Rosalía de Castro
Unha cita famosa: «Lo consiguieron porque no sabían que era imposible», de Jean Cocteau
Un deporte: Automovilismo
Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Son de té e de cervexa. Con amigos, en calquera parte
Praia ou montaña? Os dous, segundo as circunstancias
Madruga ou trasnoita? Son máis de madrugar
Un recuncho de Narón: O mosteiro do Couto
Apoia a Semana Santa? Si, calquer evento que sexa beneficioso para o noso Concello ou comarca debémolo apoiar
Que fixo o 8M? Estiven na rúa, sumándome á manifestación
A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, qué lle dixo? A moitos veciños, a través da canle que abrimos para estar en contacto directo. A última, presentaba a Cidade do Motor
Podes ler a entrevista a Germán Castrillón nesta ligazón
José David Pita, candidato del PSOE
Pita es el candidato del PSOE de Narón (cedida)
Un libro: Cualquier novela de Dan Brown me encanta, también tengo que decir que últimamente leo literatura infantil por mi hijo
Una película: Son muchas, me encanta el cine. Cualquier de la lista de las 100 mejor valoradas es buena.
Una canción: 20 de abril de Celtas Cortos o Ferrol de los limones
Una comida: Como de todo, cualquier comida hecha con cariño puede estar rica
Una bebida: Pepsi light sin cafeína
Un personaje: Pedro Sánchez, un ídolo
Una cita famosa: «I have a dream», de Martin Luther King
Un deporte: Fútbol, pádel, running… me encanta el deporte, me apunto a un bombardeo
¿Café o caña? Y un sitio para tomárselo: Depende de cuándo, dónde y con quién. En Narón, por supuesto
¿Playa o montaña? Playa
¿Madruga o trasnocha? Madrugo, mi hijo me lo pide
Un rincón de Ferrol y un rincón de Narón: De Ferrol, el puerto y, de Narón, O Couto
¿Apoya la Semana Santa? No soy asiduo a ella, pero creo que es un bien cultural de la comarca que hay que conservar
¿Qué hizo el 8M? Trabajar, aunque me considero feminista
¿A quién le há escrito su último WhatsApp? Y, si puede contarse, ¿qué le dice? Al grupo de amigos. Contándoles el cierre de campaña
Puedes leer la entrevista a José David Pita en este enlace
Olaia Ledo, candidata polo BNG
Olaia Ledo é a candidata nacionalista á Alcaldía de Narón (cedida)
Un libro: Primavera con una esquina rota, de Mario Benedetti
Un filme: Sufragistas, de Sarah Gavron
Unha canción: Tempestades de Sal de Sés
Unha comida: caldo galego
Unha bebida: auga
Un persoeiro: Ana Pontón
Unha cita famosa: «Outro mundo é posible»
Un deporte: son moi futboleira para velo, pero de moza estaba federada en baloncesto… Gústanme en xeral os deportes de equipo e desfruto moito de ver os individuais
Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Depende… son moi de café (o mellor, o de pota) e a caña… gusta cando estás rodeada de colegas
Praia ou montaña? Montaña
Madruga ou trasnoita? Madrugo… e moito
Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: En Ferrol, praza de Amboage; en Narón todo, desde a miña casa á praza da Gándara, pero Pena Molexa é máxica.
Apoia a Semana Santa? Respétoa
Que fixo o 8M? Folga e mobilizarme
A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, qué lle dixo? Ao meu pai : «Mañá podes botarnos unha man co cativo e a cativa á tarde? Así tamén vés comer». Respostou que, por suposto, si 🙂
Podes ler a entrevista a Olaia Ledo nesta ligazón
Alfonso Casal, candidato por ENE
Alfonso Casal [cedida]
Un filme: Pretty Woman
Unha canción: O himno á alegría, de Miguel Ríos
Unha comida: A fabada
Unha bebida: Café
Un persoeiro: José Alberto «Pepe» Mujica Cordano, expresidente de Urguay
Unha cita famosa: «Somos lo que hacemos cada día, de modo que la excelencia no es un acto, sino un hábito», de Aristóteles
Un deporte: Voleibol
Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Café, A grella dos Avós
Praia ou montaña? Montaña
Madruga ou trasnoita? Trasnoito o fin de semana, e madrugo por semana para ir ao traballo.
Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: En Ferrol, o miradoiro da ermida de Chamorro e, en Narón, a área recreativa de Pedroso
Apoia a Semana Santa? No aspecto cultural e como tradición
Que fixo o 8M? Fun ao traballo e logo saín para asistir ao acto celebrado na praza da Gándara polo día da muller, pola tarde axudar nas labores da casa
A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, que lle dixo? Ao equipo de Eliximos, animándoos no peche de campaña
Podes ler a entrevista a Alfonso Casal nesta ligazón