Gústalles a praia, o existencialismo e o café: así son os candidatos de Ferrol

candidatos ferrol

FERROL360 | Sábado 25 maio 2019 | 12:20

A redacción de Ferrol360 mandou cuestionarios por correo electrónico a todas as candidaturas que se presentan por Ferrol e foron estas seis as que responderon ao noso chamamento. Estes días atrás publicamos ás súas entrevistas e este sábado, día de reflexión, achegámonos un pouco máis á humanidade dos políticos.

José Manuel Rey Varela, candidato del Partido Popular

José Manuel Rey Varela [cedida]
José Manuel Rey Varela [cedida]
Un libro: Ahora los cuentos que leo cada noche a mi hijo Adrián

Una película: La última que vi fue Lego, también con mi hijo

Una canción: El futuro está en Ferrol, nuestro himno para estas elecciones

Una comida: Tortilla española

Una bebida: Café

Un personaje: Concepción Arenal

Una cita famosa: «Ferrol, una ciudad lógica enclavada en una tierra mágica», de Torrente Ballester

Un deporte: Natación

¿Café o caña? Y un sitio para tomárselo: Café, en el puerto mirando al mar

¿Playa o montaña? Playa

¿Madruga o trasnocha? Madrugo

Un rincón de Ferrol y un rincón de Narón: San Felipe, en Ferrol, y en Narón, el área recreativa de Pedroso

¿Apoya la Semana Santa? Sí

¿Qué hizo el 8M? Reivindicar la igualdad

¿A quién le ha escrito su último WhatsApp? Y, si puede contarse, ¿qué le dice? A mi mujer: «Hoy puedo comer en casa con vosotros!»

Puedes leer la entrevista a José Manuel Rey Varela en este enlace

[divider]

Jorge Suárez, candidato de Ferrol en Común

Jorge Suárez (cedida)
Jorge Suárez (cedida)

Un libro: Moitos, non concibo a vida sen libros. O último Ordesa, de Manuel Vilas

Un filme: El tercer hombre de Carol Reed

Unha canción: Viviendo con miedo, de Eladio y los seres queridos

Unha comida: Paella

Unha bebida: Cervexa

Un persoeiro: Ana (a miña compañeira)

Unha cita famosa: «En medio del invierno aprendí por fin que había en mí un verano invencible», de Albert Camus

Un deporte: Atletismo

Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Depende da hora. María 51, Ábaco, Carabel.

Praia ou montaña? Praia

Madruga ou trasnoita? Durmo moi pouco

Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: en Ferrol, San Xurxo e, en Narón, A Faísca

Apoia a Semana Santa? Entendín a súa importancia para a cidade, aínda que sexa ateo, considero que soubemos xestionala na parte que nos toca

Que fixo o 8M? Manifestarme

A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, qué lle dixo? «Non durmín nada» e unha icona chorando. A Ana.

Podes ler a entrevista a Jorge Suárez nesta ligazón

[divider]

Ángel Mato, candidato do PSOE

El candidato socialista de Ferrol (cedida)
El candidato socialista de Ferrol (cedida)

Un libro: Mountolive, do Cuarteto de Alejandría, de Durrell, que é o que estou lendo agora

Un filme: Novecento, de Bernardo Bertolucci

Unha canción: Dar e receber, de Martinho da Vila

Unha comida: Lentellas

Unha bebida: Café con leite oscuro

Un persoeiro: Non son moito de mitos, pero admiro ao doctor Cavadas polo traballo que realiza

Unha cita famosa: Unha de Víctor Hugo: «El futuro tiene muchos nombres. Para los débiles, es lo inalcanzable. Para los temerosos, lo desconocido. Para los valientes es la oportunidad»

Un deporte: baloncesto

Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Café, e en Lisboa

Praia ou montaña? Praia

Madruga ou trasnoita? As dúas cousas

Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: Castelo de San Felipe, en Ferrol, e muíño de Pedroso, no río Xuvia

Apoia a Semana Santa? Si, apoio a Semana Santa, o Entroido, San Xiao, a cabalgata de Reis, as Pepitas, as Meninas e todos os eventos que atraían xente á cidade

Que fixo o 8M? O 8M manifesteime a prol da igualdade, como fago dende hai tempo e que defendo todo o ano. A igualdade é un comportamento vital que teño interiorizado

Podes ler a entrevista a Ángel Mato nesta ligazón

[divider]

Iván Rivas, candidato do BNG

Iván Rivas [cedida]
Iván Rivas [cedida]
Un libro: En defensa das causas perdidas, de Zizek Slavoj

Un filme: El bailarín en el desierto, de Richard Raymond

Unha canción: Heroes da resistencia, de Nao. E esta frase da canción encántame: «Fomos valentes nun mundo de covardes»

Unha comida: carrilleiras, pizza, bacallau con pasas e mel…

Unha bebida: auga

Un persoeiro: Mohamed Alí

Unha cita famosa: «Se queres resultados diferentes non fagas sempre o mesmo», o lema da nosa campaña, de Einstein

Un deporte: Identifícome cunha morea deles, o deporte é a miña terapia: correr, baloncesto, surf.

Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Café na horta de Toni, calquera día con algo de boa temperatura para estar fóra, que sempre é un pracer. Pasamos moitas horas encerrados

Praia ou montaña? praia

Madruga ou trasnoita? Nin unha nin outra ou calquera das dúas ás veces

Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: De Ferrol Lobadiz, de Narón que o digan os naroneses ou naronesas, é o seu!

Apoia a Semana Santa? Nesta liña o que penso é que non pode haber privilexios, nin neste tema nin noutro. Cada colectivo é moi libre de dinamizar e propor pero o Concello ten que ter moi claras as prioridades, que as axudas e investimentos sexan de concorrencia competitiva e xusta, baseadas en criterios de interese social, cidadá, etc. E onde todos e todas poidamos acceder ao diñeiro público nas mesmas condicións sen favoritismos.

Que fixo o 8M? Apoiar a causa, coma sempre, facer o xantar e desfrutar do día coas mulleres pequenas e grandes, maiores, pequenas e medianas da miña vida

A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, que lle dixo? Non teño WhatsApp, síntoo, pero paso o día intentando evitar que me escravicen as tecnoloxías

Podes ler a entrevista a Iván Rivas nesta ligazón

[divider]

Alejandro Langtry, candidato de Ciudadanos

Alejandro Langtry (cedida)
Alejandro Langtry (cedida)

Libro: Los pilares de la tierra, de Ken Follet

Película: La vida es bella, de Roberto Benigni

Canción: Every Breath You Take, de The Police

Una comida: Raxo con patatas

Una bebida: Agua fresca

Un personaje: Batman

Una cita famosa: «Un pesimista ve la dificultad en cada oportunidad. Un optimista ve la oportunidad en cada dificultad», de Winston Churchill

Un deporte: Rugby

Café o caña y sitio: Depende de la hora y en cualquier sitio de Ferrol, tenemos muy buenos lugares para ambas cosas

Playa o montaña: Pues también ambas cosas, dependiendo del momento

Madruga o trasnocha: Madrugo

Un rincón de Ferrol y uno de Narón: De Ferrol, el Cantón o el Puerto y, de Narón, el entorno del molino de Pedroso

Apoya la Semana Santa: ¡A tope! Hay que hacerla crecer y engalanar la ciudad en Semana Santa

Qué hizo el 8M: Trabajar, como cualquier día laborable, aunque siempre defendiendo la igualdad

¿A quién le ha escrito su último WhatsApp? Y, si puede contarse, ¿qué le dice? A mi equipo: «¡Vamos Ferrol! ¡A ganar!»

Puedes leer la entrevista a Alejandro Langtry en este enlace

[divider]

Carlos del Río, candidato de Xuntos Actúa

Carlos del Río [cedida]
Carlos del Río [cedida]
Un libro: O extranxeiro, de Albert Camus

Un filme: Amarcord, de Fellini

Unha canción: Imagine, de Jonh Lenon

Unha comida: Os callos

Unha bebida: Cervexa

Un persoeiro: Ernesto Che Guevara

Unha cita famosa: «Paren o mundo, que me baixo», de Groucho Marx

Un deporte: Fútbol

Café ou cervexa? E un sitio para tomalo: Cervexa no Cafetín de Recimil

Praia ou montaña?: Praia

Madruga ou trasnoita?: Madrugo

Un recuncho de Ferrol e outro de Narón: O muelle de Ferrol e a praza da Gándara en Narón

Apoia a Semana Santa?: Só como evento turístico

Que fixo o 8M?: Acudin á manifestacion a prol das mulleres de Ferrol

A quen lle escribiu o último WhatsApp? E, se pode contarse, qué lle dixo?: A Carlos Armada, contestando este cuestionario

Podes ler a entrevista a Carlos del Río nesta ligazón